Identidade Corporativa e Branding para ABEL LAGO Watersports, o centro de tecnificación e escola do kitesurfista Abel Lago na localidade de Muros.
Unha imaxe facilmente identificable cunha isóbara de 15 nós, o vento mínimo para poder voar un kite, cun isotipo limpo e simple que une as dúas iniciais A + L e funciona nas distintas situacións e elementos de gráfica aplicada.